Fonte Mancomun:

No DOG do dia 21/05/08, saíu publicada a segunda convocatoria dos Premios a recursos educativos para a Sociedade da Información 2008, que organizan conxuntamente as consellarías de Innovación e Industria e de Educación e Ordenación Universitaria.
O obxectivo destes premios é a promoción da creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, o impulso do coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e o recoñecemento e valoración do esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías da información e da comunicación no seu traballo cotián.
Os galardóns outorgaranse en 4 categorías diferentes, sendo unha delas adicada exclusivamente a aplicacións de Software Libre. Concederase un primeiro premio de 6000€, un segundo de 4000€ e un terceiro de 3000€ para esta categoría.
A cantidade total destinada aos premios ascende a 52.000 euros. As outras categorías contempladas na convocatoria son:
* Primeira modalidade: ferramentas de autor
* Segunda categoría: materiais curriculares para a web e para os encerados dixitais
* Terceira modalidade: galerías de imaxes e vídeos didácticos




