A revolução do software livre
Posted by João Manuel Peres Lijó em Quinta-feira, 11 Junho, 2009
Curso de Verão da Universidade de Santiago de Compostela (Galiza). Celebrara-se do 20 ao 24 de Julho na faculdade de Geografia e História desta universidade.
Os últimos dez anos veñen tornando a atención do público cara un proceso global que comezou en 1983 coa iniciativa dunha persoa que foi quen de a debullar nas suas ramificacións filosóficas, éticas, técnicas e económicas ata cambiar profundamente a industria da informática e a relacción que millóns de usuarios en todo o mundo teñen cas tecnoloxías asociadas a esta. Pola profundidade e dramatismo destes cambios, o xeito en que están a se propagar mais aló dos eidos orixinais nos que foran pensados e a obrigar a que empresas, institucións gobernos e persoas se reprantexen certos aspectos da sua percepción do mundo cabe falar, en propiedade, dunha auténtica Revolución do Software Libre.
O obxectivo principal destas xornadas é expoñer aos asistentes a historia deste cambio, partindo do plantexamento filosófico case axiomático que lle da corpo e amosando cómo as implicacións destas ideas se reflicten nun novo modelo económico macro e microeconómico para a industria da informática, nunha profunda perturbación da industria cultural que está a ver nas saídas do Software Libre un modelo do que tomar ideas para se renovar, e nun cambio de paradigma de desenvolvemento de software e mesmo hardware onde os expertos están deslocalizados e actúan ás veces mesmo con patróns de enxamio que, nembargante, conseguen con enorme rapidez produtos de superior calidade.
Deixe uma Resposta